Entradas

Mostrando entradas de julio, 2020

RESTOS ARQUEOLÓXICOS ATOPADOS NA PRAZA DO SEMINARIO DE MONDOÑEDO (MONDOÑEDO, LUGO)

Imagen
Durante as obras de remodelación da actual Praza do Seminario de Mondoñedo e da rúa da Fonte, levadas a cabo no ano 2011, descubríronse dous elementos arqueolóxicos a destacar: restos da muralla medieval de 1320 e restos das peixerías que formaban parte do mercado de abastos da cidade e que se poderían datar ao menos do século XIX. Restos muralla medieval en Praza do Seminario No ano 1320, Bispo, Cabido e Concello acordan construír unha muralla que rodee a cidade. Esta, cun perímetro aproximado de 850m. logo é superada en moitas zonas pola expansión da trama urbana e vai desaparecendo en gran parte do seu trazado, mais aínda hai zonas nas que se manteñen restos da mesma e, dado que foi un elemento de entidade, pode presentar restos soterrados non localizados ata o momento actual. Sábese, pola documentación histórica custodiada no arquivo histórico do Concello de Mondoñedo e nos arquivos eclesiásticos da cidade episcopal, o trazado que levaba e en diversos estudos medievais sobre Mond