Entradas

Mostrando entradas de julio, 2021

TRAÍDA DE AUGA DO SÉCULO XVIII EN RÚA DA FONTE E RÚA RIGUEIRA

Imagen
Resumo: No presente artigo amósanse os restos arqueolóxicos dunha canalización de auga potable dos anos sesenta do século XVIII, localizada na Rúa da Fonte e Rúa Rigueira (Centro Histórico de Mondoñedo), e que abasteceu ao Pazo Episcopal. Cano para auga potable. Século XVIII. Rúa da Fonte - Mondoñedo Contextualización histórica. Inundacións de fins do século XVIII e obras de canalización do río de Sisto. O 11 de setembro de 1761, segundo expediente do arquivo do concello (Arquivo Histórico do Concello de Mondoñedo, Carpeta 2317, anos 1761-178), prodúcense unha gran inundación, en varios puntos do termo municipal, causada por unha serie de fortes trombas de auga nas horas previas. Na enchente será a zona do río do Sisto unha das máis afectadas e, como consecuencia diso, perderíanse varias vidas nesta área causaría importantes perdas materiais, entre elas o macelo situado en fronte da Fonte Vella, na esquina da actual rúa de Álvaro Cunqueiro coa Rúa da Fonte. Por toda esta desfe