Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

JOSÉ VILLAAMIL Y CASTRO. CONCELLEIRO DE MONDOÑEDO EN 1868

Imagen
Resumo : O presente artigo pretende facer un achegamento á figura de Villaamil y Castro noutra das súas facetas, a da súa actividade pública como membro da corporación municipal de Mondoñedo nos fins do ano 1868, dende o catro de outubro ata fin de ano.   Casa do Concello de Mondoñedo dende o século XVI ao século XX Introdución. José Villaamil y Castro é coñecido por moitos aspectos como pode ser historiador, anticuario, arqueólogo, etc. e polo seu traballo acerca do pasado mindoniense. Nesta breve entrada o que se pretende é amosar unha faceta menos coñecida, ao menos para a gran maioría, que foi a de membro do Concello de Mondoñedo. Esta actividade terá lugar dentro da corporación durante tres meses, será entre comezos de outubro do 1868 e comezos de xaneiro de 1869 no que causará oficialmente baixa por pasar a exercer de Xuíz de Paz. Formará parte da corporación local como Sindico Segundo desempeñando as funcións de “Representante do Municipio e Rexedor Interventor” enca