Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2020

APROXIMACIÓN ÁS ORIXES DO CRISTIANISMO NA CIDADE DE MONDOÑEDO. O CRISMÓN DE MONDOÑEDO.

Imagen
Resumo : Na presente entrada darase conta dos detalles do achado do Crismón de Mondoñedo e do contexto arqueolóxico no que ten aparecido. Con iso tentarase dar unha aproximación ás orixes do cristianismo na Cidade de Mondoñedo e, por extensión, ás orixes do cristianismo na diocese Mondoñedo – Ferrol.   Crismón gravado baixo o fondo dunha cerámica local. A intervención arqueolóxica. No ano 2017, contando co financiamento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, o Concello de Mondoñedo fai unha intervención na zona de Os Castros, dentro da área urbana de Mondoñedo co fin de valorar un amplo espazo de terreos, incluídos dentro do Casco Histórico, que están catalogados como un xacemento arqueolóxico de tipoloxía castrexa, pero que, en superficie, non presenta as características definitorias deste tipo de xacementos. A intervención arqueolóxica consistiu na realización dunha escavación en gabias e sondaxes en cadrados por todo o espazo coñecido como Os Castros. Dentro destas intervencións