Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2020

153 ANOS DA PRIMEIRA CAMPAÑA DE ESCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS NO CASTRO DE ZOÑÁN

Imagen
  Resumo : Achegamento ás primeiras escavacións levas a cabo no Castro de Zoñán no ano 1867, que son tamén as primeiras escavacións científicas levadas a cabo nun castro en Galicia. Levadas a cabo por parte de Villaamil y Castro, trátase de facer unha aproximación ao reflexo destes traballos nas escavacións arqueolóxicas do ano 2002.     Introdución. José Villaamil y Castro, de pai mindoniense, pasou gran parte da súa vida en Mondoñedo e nesta cidade e na súa contorna realizou abondosas investigacións no eido histórico e arqueolóxico a cabalo entre o século XIX e o XX. Fixo escavacións arqueolóxicas, adicouse ao coleccionismo de pezas en versión anticuario, etc. todo un erudito do século XIX. Entre outras áreas, foi pioneiro tamén en traballos de investigación arqueolóxica levando a cabo escavacións con metodoloxía científica da época en castros e covas. Neste caso que nos ocupa imos referirnos ao Castro de Zoñán.   Primeiras escavacións no Castro de Zoñán. Villaamil en