Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Castro de Zoñán

ANTICUARÍSMO, COLECCIONISMO OU IMITACIÓN? UN MICROMACHADO PULIMENTADO NO CASTRO DE ZOÑÁN

Imagen
Resumo : No ano 2005 atopouse no Castro de Zoñán un machado pulimentado que non encaixa coas cronoloxías deste tipo de asentamentos. Imos presentar este obxecto e achegar algo de luz sobre este elemento material fora do seu contexto esperable.   Micromachado pulimentado - Castro de Zoñán (Mondoñedo) - visión 1 O Xacemento. O Castro de Zoñán ( ver en google maps : https://goo.gl/maps/1ddVi9Xk8GB8MYFy5 ) sitúase a metade de ladeira, na parte oeste do val de Mondoñedo (Lugo), na parroquia de Os Remedios. Estamos ante un castro que ten unha superficie estimada de arredor de 8Ha, das que se teñen escavadas arredor de 900m 2  nos que se documentaron restos estruturais e se recuperaron abondosos restos de cultura material durante as campañas levadas a cabo por parte do Concello de Mondoñedo entre os anos 2002 e 2010. Por último a cronoloxía xeral que se baralla para este xacemento sería dende os finais do Bronce final ata o século V d. C., considerando estas datas como...

CERÁMICAS DE IMPORTACIÓN NO CASTRO DE ZOÑÁN. TERRA SIGILLATA HISPÁNICA (TSH) DAS CAMPAÑAS 2002-2010

Imagen
Resumo : No presente artigo faise un achegamento aos restos de cerámica de importación recuperados entre as campañas 2002 e 2010, levadas a cabo no Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo). En concreto faise un estudo das cerámicas tipo Terra Sigillata Hispánica procedentes dos talleres de Tricio que se recuperaron nas neste xacemento mindoniense.   TSH 29 - Castro de Zoñán. Mondoñedo Introdución ao xacemento: O Castro de Zoñán. O Castro de Zoñán ( ver en google maps : https://goo.gl/maps/1ddVi9Xk8GB8MYFy5 ) sitúase a metade de ladeira, na parte oeste do val de Mondoñedo (Lugo), na parroquia de Os Remedios. O xacemento comezouse a escavar no século XIX por parte de Villamil y Castro ( https://arqueo-mondonedo.blogspot.com/2020/09/153-anos-da-primeira-campana-de.html?m=1 ) e dende ese momento ata o ano 2002 estivo sen intervencións arqueolóxicas. Estamos ante un castro que ten unha superficie estimada de arredor de 8Ha, das que se teñen escavadas arredor de 900m 2 nos que se documentaron ...

153 ANOS DA PRIMEIRA CAMPAÑA DE ESCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS NO CASTRO DE ZOÑÁN

Imagen
  Resumo : Achegamento ás primeiras escavacións levas a cabo no Castro de Zoñán no ano 1867, que son tamén as primeiras escavacións científicas levadas a cabo nun castro en Galicia. Levadas a cabo por parte de Villaamil y Castro, trátase de facer unha aproximación ao reflexo destes traballos nas escavacións arqueolóxicas do ano 2002.     Introdución. José Villaamil y Castro, de pai mindoniense, pasou gran parte da súa vida en Mondoñedo e nesta cidade e na súa contorna realizou abondosas investigacións no eido histórico e arqueolóxico a cabalo entre o século XIX e o XX. Fixo escavacións arqueolóxicas, adicouse ao coleccionismo de pezas en versión anticuario, etc. todo un erudito do século XIX. Entre outras áreas, foi pioneiro tamén en traballos de investigación arqueolóxica levando a cabo escavacións con metodoloxía científica da época en castros e covas. Neste caso que nos ocupa imos referirnos ao Castro de Zoñán.   Primeiras escavacións no Castro de Zo...