Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Arqueoloxía Moderna

TRAÍDA DE AUGA DO SÉCULO XVIII EN RÚA DA FONTE E RÚA RIGUEIRA

Imagen
Resumo: No presente artigo amósanse os restos arqueolóxicos dunha canalización de auga potable dos anos sesenta do século XVIII, localizada na Rúa da Fonte e Rúa Rigueira (Centro Histórico de Mondoñedo), e que abasteceu ao Pazo Episcopal. Cano para auga potable. Século XVIII. Rúa da Fonte - Mondoñedo Contextualización histórica. Inundacións de fins do século XVIII e obras de canalización do río de Sisto. O 11 de setembro de 1761, segundo expediente do arquivo do concello (Arquivo Histórico do Concello de Mondoñedo, Carpeta 2317, anos 1761-178), prodúcense unha gran inundación, en varios puntos do termo municipal, causada por unha serie de fortes trombas de auga nas horas previas. Na enchente será a zona do río do Sisto unha das máis afectadas e, como consecuencia diso, perderíanse varias vidas nesta área causaría importantes perdas materiais, entre elas o macelo situado en fronte da Fonte Vella, na esquina da actual rúa de Álvaro Cunqueiro coa Rúa da Fonte. Por toda esta desfe...

RESTOS ARQUEOLÓXICOS ATOPADOS NA PRAZA DO SEMINARIO DE MONDOÑEDO (MONDOÑEDO, LUGO)

Imagen
Durante as obras de remodelación da actual Praza do Seminario de Mondoñedo e da rúa da Fonte, levadas a cabo no ano 2011, descubríronse dous elementos arqueolóxicos a destacar: restos da muralla medieval de 1320 e restos das peixerías que formaban parte do mercado de abastos da cidade e que se poderían datar ao menos do século XIX. Restos muralla medieval en Praza do Seminario No ano 1320, Bispo, Cabido e Concello acordan construír unha muralla que rodee a cidade. Esta, cun perímetro aproximado de 850m. logo é superada en moitas zonas pola expansión da trama urbana e vai desaparecendo en gran parte do seu trazado, mais aínda hai zonas nas que se manteñen restos da mesma e, dado que foi un elemento de entidade, pode presentar restos soterrados non localizados ata o momento actual. Sábese, pola documentación histórica custodiada no arquivo histórico do Concello de Mondoñedo e nos arquivos eclesiásticos da cidade episcopal, o trazado que levaba e en diversos estudos medievais sobre Mond...