Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

XORNADAS MINDONIENSES DE ARQUEOLOXÍA – UN REPASO POLAS EDICIÓNS LEVADAS A CABO

Imagen
As Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía naceron en decembro do ano 2001 con afán de achegar temas arqueolóxicos e históricos á poboación. Buscábase realizar un exercicio de reflexión didáctica sobre contidos variados de temática arqueolóxica fundamentalmente en dúas vías: temáticas amplas por unha parte e, por outra, aspectos máis concretos fundamentalmente vencellados a Mondoñedo, aínda que sabido era que non sempre se ía poder levar a cabo esta segunda parte co que, en ocasións, tamén se tocaron temas máis concretos de outras áreas xeográficas que podían ser de interese para o público asistente. Tamén se considerou axeitado levar a cabo visitas guiadas e viaxes que complementaran o que se achegaba nas diversas conferencias realizadas e que ilustraban as temáticas elixidas en cada un dos anos. O nacemento destas Xornadas foi polo traballo conxunto do Concello de Mondoñedo e da extinta Fundación Comarcal “A Mariña Central” que fixeron posible este foro de divulgación histórica e coa qu