XORNADAS MINDONIENSES DE ARQUEOLOXÍA – UN REPASO POLAS EDICIÓNS LEVADAS A CABO
As Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía naceron en decembro do ano 2001 con afán de achegar temas arqueolóxicos e históricos á poboación. Buscábase realizar un exercicio de reflexión didáctica sobre contidos variados de temática arqueolóxica fundamentalmente en dúas vías: temáticas amplas por unha parte e, por outra, aspectos máis concretos fundamentalmente vencellados a Mondoñedo, aínda que sabido era que non sempre se ía poder levar a cabo esta segunda parte co que, en ocasións, tamén se tocaron temas máis concretos de outras áreas xeográficas que podían ser de interese para o público asistente.
Tamén se considerou axeitado levar a cabo visitas guiadas e viaxes que complementaran o que se achegaba nas diversas conferencias realizadas e que ilustraban as temáticas elixidas en cada un dos anos.
Tamén cabe indicar que se considerou de interese
adicar estas Xornadas a un persoeiro de gran importancia para a arqueoloxía
galega como é José Villamil y Castro, un pioneiro neste eido, pola súa
vinculación con Mondoñedo e por todas as investigacións realizadas por el na zona
de Mondoñedo.
No momento da redacción desta entrada de blog acaba
de levarse a cabo a 23ª edición das Xornadas e a intención e achegar, nesta, o
listado completo de conferencias e visitas celebradas nestes anos, así como ir
engadindo, os contidos das posibles futuras edicións, nesta mesma entrada.
Así mesmo, hai que indicar que os títulos das conferencias e as persoas que as imparten figuran do mesmo xeito que foron citadas nos programas elaborados no ano correspondende para cada caso e, como se verá, varias desas persoas que se achegaron a Mondoñedo a falar de arqueoloxía e historia xa non están entre nos ou xa están xubilados dos seus postos oficiais.
Programa de actos das diversas edicións:
I Xornadas de Arqueoloxía Mindoniense “Villaamil y Castro” – 2001
Conferencias:
14 de decembro
“A
Cultura Castrexa en Galicia”
Prof. Dr. D. Fernando Acuña Castroviejo.
Catedrático de Arqueoloxía - Universidade
de Santiago de Compostela
15 de decembro:
“A
Arqueoloxía en Mondoñedo e o caso dos Castelos de Viloalle”.
Dr. D. Francisco Mayán
Fernández.
Director retirado do IES San
Rosendo. Catedrático de Historia e Cronista Oficial de Mondoñedo
16 de decembro:
“A
Antropoloxía mindoniense. A Cova do Rei Cintolo”
Prof. Dr. D. José Carro Otero.
Membro da Real Academia de Medicina, Membro da Real Academia de Historia. Universidade
de Santiago de Compostela
Visitas:
15 de decembro
Visita ao Castro de Zoñán (Mondoñedo,
Lugo) (con D. Abel Vigo García).
16 de decembro
Visita aos Castelos de
Viloalle (Mondoñedo, Lugo) (con D. Abel Vigo García)
II Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2002
Exposición:
A partir do 20 de decembro:
“Torques do Museo Provincial
de Lugo” – exposición itinerante do Museo Provincial de Lugo constituída
por unha colección de imaxes sobre os torques do museo e cunha reprodución do torque
de Burela, que estivo en Mondoñedo durante o mes de decembro-
Conferencias:
20 de decembro
“A Romanización en Galicia”
Dr. D. Felipe Arias Vilas
Director do Museo de Viladonga
21 de decembro
“Megalitismo en Galicia”
Prof. Dr. D. Ramón Fábregas
Valcarce
Catedrático de Prehistoria da
USC
22 de decembro
“Rei Cintolo. As escavacións do 2002”
Dra. Dna. Rosa Villar Quintero
Visitas:
21 de decembro
Castro – Museo de Viladonga
(Castro de Rei, Lugo)
22 de decembro
Mámoa de Padorno (Valadouro,
Lugo), Castro de Ouro (Alfoz, Alfoz) e Castro de Fazouro (Foz, Lugo) (con D.
Abel Vigo García).
![]() |
Visita ao Castro - Museo de Viladonga. Ano 2002 |
III Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2003
Exposición:
A partir do 19 de decembro
“Castro de Zoñán. Campañas
2002-2003” – Conxunto de
paneis sobre o Castro de Zoñán que estiveron durante todas as vacacións de Nadal
abertas ao público.
Conferencias:
!9 de decembro
“La presencia humana más antigua en el norte de Galicia”
D. Eduardo Ramil Rego
Museo de Prehistoria e
Arqueoloxía de Vilalba
20 de decembro
“Traballos
arqueolóxicos no Castro de Zoñán. (2002-2003)”
D. Abel Vigo García
Arqueólogo – Concello de
Mondoñedo
21 de decembro
“Inscripcións
do mundo Paleocristiano Galaico”
Prof. Dr. D. Antonio Rodríguez
Colmenero
Catedrático de Historia Antiga
da USC
Visitas:
20 de decembro
Castro de Coaña (Asturias)
21 de decembro
Castro de Zoñán (Mondoñedo,
Lugo) (con D. Abel Vigo García)
![]() |
Visita ao Castro de Coaña. Ano 2003 |
IV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2004
Exposición:
A partir do 17 de decembro
“Camiño de Historia” do Museo
Provincial de Lugo. – durante todo o Nadal-
Conferencias:
17 de decembro
“A
Idade do Bronce en Galicia”
D. Gonzalo Meijide Cameselle
Arqueólogo da Delegación da Consellería
de Cultura en Lugo
18 de decembro
“Caza y
domesticación en el Mundo Castreño”
Prof. Dr. D. Carlos Fernández
Rodríguez
Profesor titular de
Prehistoria e Vicedecano da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de
León
19 de decembro
“Traballos arqueolóxicos no Castro de Elviña”
D. José Manuel Bello Diéguez
Director do Museo Arqueolóxico
de San Antón
Visitas:
18 de decembro
Museo de Prehistoria e Arqueoloxía
de Vilalba
19 de decembro
Museo Arqueolóxico de San
Antón, Fundación Luís Seoane e Castro de Elviña (A Coruña) (con D. José Manuel
Bello Diéguez)
![]() |
Visita ao Castro de Elviña. Ano 2004 |
V Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2005
Exposición:
A partir do 16 de decembro
“Muros, escaleiras e torres”
– Cedida dolo Museo Provincial de Lugo, sobre a Muralla romana de Lugo. Durante
as vacacións de Nadal-
Conferencias
16 de decembro
“Introducción a la Orfebrería
Castreña”
Prof. Dra. Dna. Raquel Casal
García
Profesora titular de Arqueoloxía
do Departamento de Historia I da Facultade de Xeografía e Historia da USC.
17 de decembro
“A vida cotiá no Castro de Zoñan á luz das intervencións 2004 e 2005”
D. Abel Vigo García
Arqueólogo – Concello de
Mondoñedo
18 de decembro
“Muros, Cubos y Torres”
Dr. D. Enrique Alcorta
Irastoza
Arqueólogo – Museo Provincial
de Lugo
Visitas:
17 de decembro
Museo Provincial de Lugo
18 de decembro
Castro de Zoñán (Mondoñedo,
Lugo) (con D. Abel Vigo García)
VI Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2006
Presentación:
15 de decembro
Presentación das láminas
tituladas “O Castro de Zoñán” sobre os traballos arqueolóxicos realizados.
Conferencias
15 de decembro
“Tradición oral e arqueoloxía no Valadouro”
D. Manuel Lourenzo Pérez
(Dramaturgo) e D. Isaac Pérez Blanco (Escritor)
16 de decembro
“O Fenómeno Tumular e Megalítico na provincia de Lugo”
Prof. Dr. D. Antón A.
Rodríguez Casal
Profesor Titular de Prehistoria
do Departamento de Historia I da USC
Visitas.
16 de decembro
A Frouseira e entorno (O
Valadouro, Lugo) (con D. Manuel Lourenzo e D. Isaac Pérez Blanco
17 de decembro
As Médulas. Centro de Interpretación
e Xacemento Romano: a mina, o poboado e outros lugares de interese.
VII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2007
Exposición:
A partir do 14 de decembro
“A Dominación Romana” – cedida
polo Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Durante o Nadal-
Conferencias:
14 de decembro:
“O carbono – 14 método e casos reais en Galicia”
Dr. D. Antonio Rubinos Pérez
Instituto Física – Química Rocasolano
CSIC
15 de decembro
“A Cultura Castrexa no norte de Portugal”
Prof. Dr. D. Carlos Alberto
Brochado de Almeida (2007)
Facultade de Letras Universidade
de Porto (Portugal)
Visitas
15 de decembro
Pau da Vella (Valadouro, Lugo)
(con D. Manuel Lourenzo, D. Isaac Pérez Blanco e Dr. D. Abel Vigo García)
16 de decembro
Cova de El Pindal (Ribadedeva,
Asturias)
VIII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2008
Presentación:
19 de decembro
Presentación da carpeta
divulgativa “Arqueoloxía na Mariña Central” Conxunto de 9 láminas con información
sobre diversos xacementos da Mariña Central.
Conferencias:
19 de decembro
“O Castro de Zoñán, últimos traballos e resultados”
Dr. D. Abel Vigo García
Arqueólogo – Concello de
Mondoñedo
20 de decembro
“Villaamil y Castro. Pioneiro da Arqueoloxía Galega”
Dr. D. César Llana
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Visitas
20 de decembro
Castro de Zoñán (Mondoñedo,
Lugo) (co Dr. D. Abel Vigo García)
21 de decembro
Museo e Castro do Chao de
Samartín (Asturias)
XI Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2009
Conferencias:
18 de decembro
“Efectos do cambio climático sobre as ocupacións humanas na Mariña Central
nos últimos 100.000 anos”
Dr D. Pablo Ramil Rego
Director do IBADER - USC
19 de decembro
“Mil años de poblados fortificados en el occidente de Asturias: La Cultura
Castreña en el área Navia – Eo”
Ángel Villa Valdés (2009)
Arqueólogo – Dirección General
de Patrimonio Cultural de la Consejería de Cultura y Turismo. Principado de
Asturias.
Visitas:
19 de decembro
Lugares de interese da Terra
Cha (con D. Eduardo Ramil Rego)
20 de decembro
Astorga (León): Museo Romano “La Ergástula” e “Ruta Romana” – esta visita foi aprazada para a primavera do ano seguinte (2010) por motivos climáticos-
![]() |
Visita a Astorga, programada para o 2009, realizada na primavera do 2010 |
X Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2010
Conferencias:
17 de decembro
“Castro de Zoñán. Campañas 2009 e
Dr. D. Abel Vigo García
Arqueólogo – Concello de
Mondoñedo
18 de decembro
“Gravados rupestres en Galicia. Unha aproximación”
D. Antonio de la Peña Santos
Arqueólogo do Museo Provincial
de Pontevedra
Visitas:
18 de decembro
Castro de Zoñán (Mondoñedo,
Lugo) (co Dr. D. Abel Vigo García)
19 de decembro
Castro de San Cibrán de Las (Punxín – San Amaro, Ourense) e Edificio do Museo Arqueolóxico de Ourense (Antigo Pazo Episcopal) (co Dr. D. Manuel Xusto Rodríguez)
Visita ao Castro de San Cibrán de Las. Ano 2010. |
XI Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2011
Conferencias:
16 de decembro
“Restos arqueolóxicos da Praza do Seminario e Rúa da Fonte”
Dr. D. Antonio Muñoz Sánchez
(Historiador) e Dr. D. Abel Vigo García (Arqueólogo – Concello de Mondoñedo)
17 de decembro
"A protección do Patrimonio Cultural"
D. Roberto Pena Puente
Arqueólogo – Xefe do Servizo
de Vixilancia e Inspección do Patrimonio
Visitas:
17 de decembro
Lugares de interese
arqueolóxico do casco urbano de Mondoñedo (co Dr. D. Antonio Muñoz Sánchez e o
Dr. D. Abel Vigo García)
18 de decembro
Parque arqueolóxico da Arte
Rupestre: centro de interpretación e visita guiada ao petróglifos e á reprodución
do poboado do bronce (Campolameiro, Pontevedra)
XII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2012
Conferencias:
14 de decembro
"De mouros, mouras e tesouros. Seres encantados nos lugares de interese arqueolóxico do Concello de Mondoñedo"
D. Antón Reigosa Carreiras
Museo Provincial de Lugo
15 de decembro
"O ouro prerromano na Mariña Lucense: as xoias dos nosos ancestros"
Dna. Aurelia Balseiro García
Museo
Provincial de Lugo
Visitas
16 de decembro
Dolmen
de Dombate e Castro de Borneiro (Cabana de Bergantiños, A Coruña)
XIII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2013
Conferencias:
13 de decembro
"Protección, conservación e restauración do patrimonio arqueolóxico"
Dna.
Sonia Seco Lanzós
Escola
Superior de Conservación e Restauración
de
Bens Culturais de Galicia
14 de decembro
"Lugo Romano"
Dr. D. Enrique Alcorta Irastorza
Museo Provincial de Lugo
Visitas:
16 de decembro
Centro Arqueolóxico do Barbanza e Castros do Neixón (Concello de Boiro, A
Coruña)
XIV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2014
Conferencias
12 de decembro
"Conquista e organización do noroeste peninsular en
época imperial"
Dr. D. José
Costa García
Universidade
de Santiago de Compostela
13 de decembro
"O campamento de Aquis Querquennis"
D.
Santiago Ferrer Sierra
Arqueólogo
– Grupo arqueolóxico Larouco
Visitas
14 de decembro
Campamento romano de
Aquis Querquennis (con D. Santiago Ferrer Sierra). Fora de programa visitouse
tamén a igrexa de Santa Comba de Bande.
XV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2015
Conferencias:
11 de decembro
"A verba “celta” é tan polisémica que perdeu o seu significado"
Dr.
D. Francisco Calo Lourido
Arqueólogo
e Antropólogo
12 de decembro
"Arqueoloxía dos asentamentos rurais na Galicia romana: villae e casais"
Prof.
Dr. D. Fermín Pérez Losada
Universidade
de Vigo
Visitas
13 de decembro
Xacemento
Romano de Cambre (Cambre, A Coruña) e Igrexa de Santa María de Cambre -século
XII- (Cambre, A Coruña) (por D. Ramón Boga Moscoso -Director do Xacemento Romano
de Cambre).
XVI Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2016
Conferencias:
16 de decembro
"Mondoñedo dende a Prehistoria o Mundo Medieval"
Dr.
D. Abel Vigo García
Arqueólogo
– Concello de Mondoñedo
17 de decembro
"A recreación histórica. Do xacemento á reconstrución. O Mundo Romano"
D.
Adrián Rodríguez, D. Rafael Ortiz e D. Óscar Núñez. Historiadores e
investigadores da asociación “Recreadores de Galicia”.
Visitas:
18 de decembro
Montefurado,
Castelo dos Novaes e Museo Xeolóxico de Quiroga e, fora de programa, tamén se visita
o Museo Etonográfico de Quiroga (Quiroga, Lugo), (con D. Ramón Vila Anca –
responsable do Museo Xeolóxico e do Museo Etnográfico-)
XVII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2017
Conferencias:
15 de decembro
"A Morte no Camiño: dieta, mobilidade e sociedade no Camiño de Santiago"
D.
Patxi Pérez Ramallo
Bioarqueólogo
-
16 de decembro
"El tiempo de los Suevos en la Gallaecia: del mito a la realidad"
Prof.
Dr. D. Jorge López Quiroga
Universidad
Autónoma de Madrid
Visitas:
Exposición
"In Tempore Sueborum" que percorre a
historia dos Suevos e que ten lugar en tres espazos da cidade de Ourense: Centro
Cultural Marcos Valcárcel, Igrexa de Santa María Nai e Museo Municipal.
XVIII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía
“Villaamil y Castro” – 2018
Conferencias:
14 de decembro
"Tecnoloxía e Arqueoloxía.
Unha nova perspectiva de estudo na Comarca de Mondoñedo"
Dr. D. Jesús Arenas (Arqueólogo
– UDIMA), Dr. D. Felipe Debasa (Tecnólogo), Dr. D. Abel Vigo (Arqueólogo – Concello
de Mondoñedo)
15 de decembro
"Cova Eirós. Un espazo para
dúas humanidades"
D. Arturo de Lombera Hermida
Arqueólogo – Universidade de
Santiago de Compostela
Visitas:
16 de decembro
Cova Eirós (Tracastela, Lugo)
(con D. Arturo de Lombera Hermida)
XIX Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2019
Conferencias:
13 de decembro
"San Cibrán de Las, la
secuencia cultural de un gran castro de finales de la Edad del Hierro"
Dra. Dna. Yolanda Álvarez
González
Arqueóloga de Terra Árqueos
14 de decembro
"Pequenos obxectos para
grandes cambios: así era a vida na Galicia romana"
Dra. Dna. Ana María Suárez
Piñeiro
Universidade de Santiago de
Compostela
Visitas:
14 de decembro
Centro
de Interpretación da Prehistoria de Vilar e Ruta Arqueolóxica polo Concello de
Mondoñedo (co Dr. D. Abel Vigo García).
15 de decembro
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa. Visita ao Centro de Interpretación e ao Castro de San Cibrán de Las (San Amaro – Punxín, Ourense).
![]() |
Cartel XIX Xornadas. Ano 2019. |
XX Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2020
A edición do ano 2020
foi unha edición totalmente telemática na que se organizaron as conferencias a
través de zoom e se emitiron en youtube.
Así mesmo estas
quedaron colgadas na rede a disposición pública. Neste ano recóllese o programa
e os enlaces correspondentes para poder velos en youtube.
Conferencias:
11 de decembro de 2020.
"A invención do Celtismo"
Prof. Dr. D.
Ramón Villares Paz
Catedrático
de Historia Contemporánea, Universidade de Santiago de Compostela.
Enlace:
XX Xornadas Mindonienses de Arqueología - YouTube
12 de decembro de 2020
"Prácticas epigráficas urbanas y extraurbanas en el conventus lucensis"
Prof. Dr. D. Juan Manuel Abascal Palazón
Catedrático
de Historia Antiga, Universidade de Alicante
Enlace: XX Xornadas Mindonienses de Arqueología - YouTube
12 de decembro de 2020
"Nós
fixemos Mondoñedo: osteoloxía e isótopos estables en individuos medievais"
D. Patxi Ramallo Pérez
Bioarqueólogo
Enlace:
XX Xornadas Mindonienses de Arqueología - YouTube
13 de decembro de 2020
"La muralla de Mondoñedo: morfología y funcionalidad de un monumento
desaparecido"
Dr. D. Javier Gómez Darriba
Historiador
da Arte
Enlace:
XX Xornadas Mindonienses de Arqueología - YouTube
XXI Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2021
Conferencias:
17 de decembro
"A Arqueoloxía Profesional Hoxe"
D.
Lino Gorgoso López
Arqueólogo
profesional
18 de decembro
"As Orixes de Mondoñedo. Prehistoria, Idade Antiga e Tardorromanidade"
Conferencia
/presentación do libro.
Dr.
D. Abel Vigo García – Autor da obra. Arqueólogo do Concello de Mondoñedo // D.
Xe Freyre – Prologuista da obra. // D. Manuel Ángel Otero Legide – Alcalde do
Concello de Mondoñedo
Visitas:
18 de decembro
Visita
guiada ao Centro de Interpretación dos Abastecementos de Auga de Mondoñedo. Na
Fonte Vella (co Dr. D. Abel Vigo García)
19 de decembro
Por
motivos sanitarios (COVID-19) suspendeuse a visita organizada para esta edición
que estaba prevista que fora ao Castro de Santa Tegra e Museo Arqueolóxico do
Castro de Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra)
XXII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil
y Castro” – 2022
Conferencias
16 de decembro
"A documentación histórica como ferramenta para a intervención arqueolóxica"
Prof.
Dr. D.Gonzalo Francisco Fernández Suárez
Profesor
da Facultade de Humanidades – USC – Campus de Lugo
17 de decembro
"A «Britonensis Ecclesiæ» e a «Dumiensis Ecclesiæ": antecedentes
históricos da «Menduniensis Ecclesiæ»"
Dr.
D. Carlos Andrés González Paz
Instituto
de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (CSIC – Xunta de Galicia)
18 de decembro
"La transformarción de las comunidades indígenas del noroeste hispano"
Prfa.
Dra. Dna. María Dolores Dopico Caínzos
Profesora
da Facultade de Humanidades – USC – Campus de Lugo
Visitas
"Unha captación mindoniense de auga do século XVIII"
Saída
dende o Campo dos Paxariños ou da Feira (Mondoñedo) (co Dr. D. Abel Vigo
García)
XXIII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía
“Villaamil y Castro” – 2023
Conferencias:
15 de decembro
"As Caleiras. Fornos de cal dun antigo oficio mindoniense"
Dr.
D. Abel Vigo García e D. José Otero Rejes
Concello
de Mondoñedo
16 de decembro
"Fosas comunes como sitios de investigación interdisciplinar"
Dna.
Alexandra Staniewska
Antropóloga
Social e Bióloga Forense.
Universidade
de Adam Mickiewicz (Poznan, Polonia)
17 de decembro
"PROYECTO “REI CINTOLO: OBJETIVO
11.000 M. Geodiversidad, biodiversidad y patrimonio cultural de la mayor cueva
de Galicia: Síntesis de las campañas topográficas 2018 - 2023"
Dr. D. Marcos Vaqueiro Rodríguez
Director del Proyecto – Rei
Cintolo: Objetivo 11.000 m // Investigador Asociado Instituto Universitario de
Xeoloxía “Isidro Parga Pondal” da UDC
Visitas:
16 de decembro
Visita ás Caleiras de Outeiro en Masma e a puntos de interese na zona. (con D. José Otero Rejes e Dr. D. Abel Vigo García)
![]() |
Cartel XXIII Xornadas. Ano 2023. |
Comentarios
Publicar un comentario