Entradas

ANTICUARÍSMO, COLECCIONISMO OU IMITACIÓN? UN MICROMACHADO PULIMENTADO NO CASTRO DE ZOÑÁN

Imagen
Resumo : No ano 2005 atopouse no Castro de Zoñán un machado pulimentado que non encaixa coas cronoloxías deste tipo de asentamentos. Imos presentar este obxecto e achegar algo de luz sobre este elemento material fora do seu contexto esperable.   Micromachado pulimentado - Castro de Zoñán (Mondoñedo) - visión 1 O Xacemento. O Castro de Zoñán ( ver en google maps : https://goo.gl/maps/1ddVi9Xk8GB8MYFy5 ) sitúase a metade de ladeira, na parte oeste do val de Mondoñedo (Lugo), na parroquia de Os Remedios. Estamos ante un castro que ten unha superficie estimada de arredor de 8Ha, das que se teñen escavadas arredor de 900m 2  nos que se documentaron restos estruturais e se recuperaron abondosos restos de cultura material durante as campañas levadas a cabo por parte do Concello de Mondoñedo entre os anos 2002 e 2010. Por último a cronoloxía xeral que se baralla para este xacemento sería dende os finais do Bronce final ata o século V d. C., considerando estas datas como o arco cronol

APORTE PARA O ESTUDO HISTÓRICO DA FONTE VELLA (MONDOÑEDO, LUGO). TRES MOMENTOS DA EVOLUCIÓN DO EDIFICIO DA FONTE VELLA: 1762, 1882 E 1913

Imagen
Resumo : No presente artigo achégase un aporte sobre a evolución histórica e construtiva da Fonte Vella analizando tres documentos que lle fan referencia e que pretenden levar luz sobre pequenos aspectos deste monumento mindoniense. Non pretende ser a súa historia completa e detallada senón achegar un pouco máis de luz sobre a súa evolución. Fonte Vella Introdución. As orixes do aproveitamento do manancial que abastece a Fonte Vella son incertas. Moi probablemente se dea dende os primeiros momentos de ocupación da área do seu entorno e tamén da zona da actual Praza da Catedral que, no momento actual, poderiamos situar arredor do século III d. C., mais non temos datos, nin documentais nin arqueolóxicos, que podan sustentar esta hipótese de aproveitamento tan antigo. O que si podemos ver, son unhas primeiras referencias á súa existencia aló polo século XIII 1 que as recolle García Doural (García et Al., 2005) nun traballo sobre a Fonte Vella. A coñecida como Fonte Vella é un m

CERÁMICAS DE IMPORTACIÓN NO CASTRO DE ZOÑÁN. TERRA SIGILLATA HISPÁNICA (TSH) DAS CAMPAÑAS 2002-2010

Imagen
Resumo : No presente artigo faise un achegamento aos restos de cerámica de importación recuperados entre as campañas 2002 e 2010, levadas a cabo no Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo). En concreto faise un estudo das cerámicas tipo Terra Sigillata Hispánica procedentes dos talleres de Tricio que se recuperaron nas neste xacemento mindoniense.   TSH 29 - Castro de Zoñán. Mondoñedo Introdución ao xacemento: O Castro de Zoñán. O Castro de Zoñán ( ver en google maps : https://goo.gl/maps/1ddVi9Xk8GB8MYFy5 ) sitúase a metade de ladeira, na parte oeste do val de Mondoñedo (Lugo), na parroquia de Os Remedios. O xacemento comezouse a escavar no século XIX por parte de Villamil y Castro ( https://arqueo-mondonedo.blogspot.com/2020/09/153-anos-da-primeira-campana-de.html?m=1 ) e dende ese momento ata o ano 2002 estivo sen intervencións arqueolóxicas. Estamos ante un castro que ten unha superficie estimada de arredor de 8Ha, das que se teñen escavadas arredor de 900m 2 nos que se documentaron rest