Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

ACHEGAS Á BIOGRAFÍA DE JOSÉ PACHECO E PASCUAL VEIGA. OS DOUS PRINCIPAIS MÚSICOS DE MONDOÑEDO DO SÉCULO XIX

Imagen
Resumo : No presente artigo trátase de elaborar unha breve biografía de José Pacheco e Pascual Veiga co fin de achegar novos detalles a estas dúas grandes figuras da música galega da Idade Contemporánea. Preténdense achegar e resumir detalles procedentes de documentación de arquivos de Mondoñedo e Covadonga (Asturias), así como da prensa da época na que se recollían moitos aspectos da sociedade e da música do momento, posto que neste século XIX e nos comezos do XX, os Orfeóns e Sociedades Corais estaban moi en boga e gozaban de gran éxito entre a poboación. Compleméntase o traballo con datos bibliográficos, necesarios e imprescindibles, que permiten completar o fío biográfico de ambos músicos e con iso crear un discurso continuo e facilmente intelixible. Agradecementos: a Andrés García Doural, pola súa colaboración coa achega de información, e ao Arquivo Histórico da Colexiata de Covadonga, pola achega documental solicitada en formato dixital.   Busto de Pascual Veiga Iglesias