Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

ANTICUARÍSMO, COLECCIONISMO OU IMITACIÓN? UN MICROMACHADO PULIMENTADO NO CASTRO DE ZOÑÁN

Imagen
Resumo : No ano 2005 atopouse no Castro de Zoñán un machado pulimentado que non encaixa coas cronoloxías deste tipo de asentamentos. Imos presentar este obxecto e achegar algo de luz sobre este elemento material fora do seu contexto esperable.   Micromachado pulimentado - Castro de Zoñán (Mondoñedo) - visión 1 O Xacemento. O Castro de Zoñán ( ver en google maps : https://goo.gl/maps/1ddVi9Xk8GB8MYFy5 ) sitúase a metade de ladeira, na parte oeste do val de Mondoñedo (Lugo), na parroquia de Os Remedios. Estamos ante un castro que ten unha superficie estimada de arredor de 8Ha, das que se teñen escavadas arredor de 900m 2  nos que se documentaron restos estruturais e se recuperaron abondosos restos de cultura material durante as campañas levadas a cabo por parte do Concello de Mondoñedo entre os anos 2002 e 2010. Por último a cronoloxía xeral que se baralla para este xacemento sería dende os finais do Bronce final ata o século V d. C., considerando estas datas como o arco cronol