Entradas

APROXIMACIÓN ÁS ORIXES DO CRISTIANISMO NA CIDADE DE MONDOÑEDO. O CRISMÓN DE MONDOÑEDO.

Imagen
Resumo : Na presente entrada darase conta dos detalles do achado do Crismón de Mondoñedo e do contexto arqueolóxico no que ten aparecido. Con iso tentarase dar unha aproximación ás orixes do cristianismo na Cidade de Mondoñedo e, por extensión, ás orixes do cristianismo na diocese Mondoñedo – Ferrol.   Crismón gravado baixo o fondo dunha cerámica local. A intervención arqueolóxica. No ano 2017, contando co financiamento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, o Concello de Mondoñedo fai unha intervención na zona de Os Castros, dentro da área urbana de Mondoñedo co fin de valorar un amplo espazo de terreos, incluídos dentro do Casco Histórico, que están catalogados como un xacemento arqueolóxico de tipoloxía castrexa, pero que, en superficie, non presenta as características definitorias deste tipo de xacementos. A intervención arqueolóxica consistiu na realización dunha escavación en gabias e sondaxes en cadrados por todo o espazo coñecido como Os Castros. Dentro destas intervenc...

RESTOS ARQUEOLÓXICOS ATOPADOS NA PRAZA DO SEMINARIO DE MONDOÑEDO (MONDOÑEDO, LUGO)

Imagen
Durante as obras de remodelación da actual Praza do Seminario de Mondoñedo e da rúa da Fonte, levadas a cabo no ano 2011, descubríronse dous elementos arqueolóxicos a destacar: restos da muralla medieval de 1320 e restos das peixerías que formaban parte do mercado de abastos da cidade e que se poderían datar ao menos do século XIX. Restos muralla medieval en Praza do Seminario No ano 1320, Bispo, Cabido e Concello acordan construír unha muralla que rodee a cidade. Esta, cun perímetro aproximado de 850m. logo é superada en moitas zonas pola expansión da trama urbana e vai desaparecendo en gran parte do seu trazado, mais aínda hai zonas nas que se manteñen restos da mesma e, dado que foi un elemento de entidade, pode presentar restos soterrados non localizados ata o momento actual. Sábese, pola documentación histórica custodiada no arquivo histórico do Concello de Mondoñedo e nos arquivos eclesiásticos da cidade episcopal, o trazado que levaba e en diversos estudos medievais sobre Mond...